
A “Rede Galega Anticapitalista”, denuncia ao G8 e ao G20 como fórmulas antidemocráticas e oligárquicas de decisión. Incapaces de dar resposta ás numerosas crises (Ambiental, Social e Económica) do planeta causadas polo sistema económico capitalista e que remata por pagar a cidadanía.
Estamos hoxe aquí (9 de xullo de 2009) en Ourense para denunciar directamente ás institucións implicadas na crise financeira, económica, ambiental e social na que nos atopamos. Marcamos cun “punto negro” as entidades financeiras; Banco de Santander e Caixa Galicia; a grandes multinacionais como Repsol ou McDonalds, a construtoras como COPASA ou gobernos como o Español.
Todas estas entidades, e moitas máis, están no epicentro da crise actual, durante os anos de movementos incontrolados de capitais, presentaron records na acumulación de beneficios; foron promotoras, impulsoras e inversoras na grande burbulla da especulación inmobiliaria e financeira ou simplemente permitiron, apoiaron e miraron para outro lado.
O sector financeiro liderou o desembarco das grandes transnacionais españolas en Latinoamérica (Repsol, Telefónica, Iberdrola, etc), coa única finalidade de esquilmar os seus recursos naturais e desmantelar os seus servizos públicos facilitando a fuga dos capitais, e inducindo crimes contra os pobos indíxenas para botalos de terras afectadas polos seus proxectos enerxéticos.
A banca acumulou riqueza sen pararse en cuestións morais e de dereitos humanos, protexida polos sucesivos gobernos. Pero desde logo esa riqueza conseguida de forma inxusta non se repartiu de forma xusta, nin reverteu en melloras sociais para todas. Pola contra, neste anos de bonanza a pobreza non deixou de crecer, as coberturas sociais se recortaron e se endureceron as condicións para acceder a elas, os nosos servizos públicos tamén se privatizaron en boa parte...

Por todo isto gobernos, promotores inmobiliarios, Empresas Transnacionais, Grandes Cadeas de Distribución, etc) conforman un mapa de Puntos Negros na nosa economía e nas nosas cidades e o 9 de xullo nos as sinalamos en Ourense.
Non imos permitir que refunden o capitalismo, melloren os seus beneficios e pisen os nosos dereitos!!!!